A aposta desta empresa familiar galega polo desenvolvemento sostible do rural e por dotar de servizos a zonas de difícil acceso, esquecidas por grandes compañías de telecomunicacións, tivo os seus froitos: Ponte Caldelas é dos poucos municipios galegos que conta na súa totalidade con servizo fibra óptica de ata 600 megas, unha velocidade superior á de moitas grandes cidades e foi instalada por unha empresa con selo local, e de ámbito autonómico.